Espacio Submarino

 

Canle de Comunicación é a editora da revista Espacio Submarino. Esta é a única publicación que se edita no nrte de España especificamente de mergullo.

A liña editorial baséase na divulgación das actividades subacuáticas a través de todas as súas especialidades: pesca, arqueoloxía, fotografía e vídeo submariños, clubs deportivos, rutas, bioloxía, viaxes e ecoloxía mariña son algunhas das seccións fixas que compoñen cada número. A revista, que ten unha periodicidade trimestral, é o máximo referente informativo co que contan os milleiros de deportistas do norte de España que practican algunha das súas modalidades.

A versión en liña de Espacio Submarino (www.espaciosub.es) é un punto de encontro de todos os mergulladores, onde ademáis de manterse informados poden participar activamente coa súa opinión ou colgar os vídeos das súas saídas de mergullo.