Galicia submarina

 

Cada ano, a revista Espacio Submarino organiza a gala de entrega de premios Galicia Submarina. Estes son un recoñecemento ás persoas e entidades que máis destacaron ao longo do ano na defensa do medio acuático galego en calquera das súas facetas (deportiva, social, ambiental…). Cada ano unha das modalidades das actividades subacuáticas é a protagonista deste certame. Con invitados do máis alto nivel, Galicia Submarina organiza, o mesmo día da entrega de premios ou en días previos, actividades complementarias tales como conferencias, cursos, talleres ou mesas redondas.

En edicións anteriores acudiron nomes tan importantes como Manuel Martín Bueno (arqueólogo submarino e presidente do comité científico da CMAS), Déborah Andollo (plusmarquista mundial de apnea e presidenta da CMAS), Jesús Villalba (campión de España de fotosub en apnea) ou Joseba Kerejeta (campión mundial de pesca submarina)